O establecemento o mesón faise co premio do público do I concurso de tapas
O ESTABLECEMENTO O MESÓN FAISE CO PREMIO DO PÚBLICO DO PRIMEIRO CONCURSO DE TAPAS E MARTA CHEDA GAÑA A CEA PARA DÚAS PERSOAS
O Mesón e Marta Cheda López son os gañadores do primeiro concurso de tapas organizado polo Concello de Cedeira, que tivo como protagonista á merluza da volanta. A proposta culinaria elaborada polo Mesón -un local situado na avenida de Españafoi elixida polos consumidores entre a ducia que se presentaron ao certame. “Merluza en salsa de rape” era o nome co que foi bautizada unha receta sinxela e tradicional, tal e como a definiu María Luisa Suárez Carrodeguas, unha das responsables da súa elaboración.
Marta Cheda López, pola súa banda, foi a persoa que saíu elixida de entre as tarxetiñas de votación depositadas por aquelas persoas que probaron un mínimo de cinco tapas. A elección desta gañadora -o premio consistirá unha cena para dúas persoas no establecemento gañador por valor de 100 euros- tivo lugar hoxe, no transcurso dun acto no que estiveron presentes o alcalde, Pablo Moreda Gil, e a concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez. A técnica de turismo, Mar López Pérez, foi a persoa encargada de extraer a tarxeta gañadora.
A responsable da área de Cultura destacou tanto a calidade das tapas presentadas ao concurso como o éxito de público que suscitou a convocatoria. Rodríguez Pérez cifrou en máis de 2.000 as tapas vendidas durante o certame -o precio foi de 1,5 euros por unidade- e adiantou que de cara aos próximos días o Concello fará entrega dun diploma aos donos do local gañador.
O alcalde destacou a competencia que espertou o certame e, neste sentido, asegurou que houbo algo máis dunha ducia de votos de diferencia entre os catro locais que conseguiron mellor puntuación. Dada a boa acollida que tivo este primeiro concurso gastronómico, o Concello de Cedeira non descarta repetir a experiencia aínda que sexa con outro producto ou recurso propio da zona, segundo apuntaron os responsables municipais.