Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Condomiñas quedou máis limpo de botellas, plásticos e ferros

O CONDOMIÑAS QUEDOU MÁIS LIMPO DE BOTELLAS, PLÁSTICOS E FERROS

A segunda campaña de limpeza do Condomiñas volveu a dar como resultado unha nova morea de obxectos recuperados do leito do río. Plásticos, botellas e ata un cabaliño de xoguete foron algúns dos refugallos rescatados do Condomiñas polos voluntarios que o pasado domingo secundaron a convocatoria impulsada pola Asociación de Amigos dos ríos de Cedeira e mesmo tamén polo Concello.