Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello xa está a repartir os carteis da festa do percebe que este ano será a última fin de semana de xullo

O CONCELLO XA ESTÁ A REPARTIR OS CARTEIS DA FESTA DO PERCEBE QUE ESTE
ANO SERÁ A ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE XULLO

O percebe, ademais de ser considerado por algúns como o rei do marisco, é o produto que ten como referencia a vila de Cedeira, unha condición que deu lugar, hai agora 16 anos, á principal festa grastronómica da localidade. Este ano a cita será os días 29 e 30 do próximo mes de xullo, tal e como xa se anuncia no cartel que xa se está a repartir pola contorna. Na publicidade dase todo o protagonismo ao crustáceo que está na orixe da celebración.
Xunto a el, tamén serviranse racións de polbo e empanada nunha carpa situada no porto pesqueiro. Inchables acuáticos na praia da Area Longa, música e xornadas informativas sobre o traballo de captura dos percebes no Museo Mares de Cedeira son outros dos contidos dun programa que terá como anticipo a tradicional xornada de pesca infantil no porto pesqueiro. Esta última convocatoria será o día 28.

Un ano máis o Concello de Cedeira e a Confraría de Pescadores volven colaborar na organización dun programa que se converte nunha das principais referencias gastronómicas do verán.