O Concello valorou a elevada participación de público na primeira edición do concurso de tapas
O CONCELLO VALOROU A ELEVADA PARTICIPACIÓN DE PÚBLICO NA PRIMEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS
O goberno cedeirés valorou a elevada participación de público na primeira edición do concurso de tapas promovido polo Concello coincidindo coa I Feira da Merluza da Volanta de Cedeira organizada pola Confraría de Pescadores.
Segundo a responsable de Cultura e Turismo, María José Rodríguez Pérez, foron moitas as persoas que ao longo desta fin de semana pasaron polos doce establecimentos participantes. Rodríguez Pérez destacou asememos a boa disposición dos veciños e visitantes á hora de emitir a súa opinión con respecto as propostas culinarias, polo que a concelleira espera unha forte competencia para fecerse co premio. Este consistirá unha cea para dúas persoas no local que resulte gañador do concurso das tapas. Os nomes de ambos os dous gañadores coñeceranse nos próximos días, tal e como apuntou a concelleira de Culrura. Como se recordará os locais que tomaron parte neste primeiro certame de tapas foron: restaurante Brisa, taberna Praza do Peixe, mesón San Antón, taberna do Jojó, mesón A Marieta, restaurante Vila Vella, mesón A Ría, A Balandra, cervecería Rosi, O Mesón, a cafetería do auditorio municipal e O Sálvora. O prezo das tapas foi de 1,5 €.
Tamén foi moi aceptable a asistencia de público na primeira festa de exaltación da merluza da volante, a pesar das malas condicións meteorolóxicas. A organización tiña previsto repartir un total de 1.500 racións de pastel de merluza, brandada de merluza, merluza á gallega e ensalada tibia de huevas de merluza. O Meseo Mares de Cedeira recibiu asemesmo un elavado número de visitantes.