O Concello sacará un concurso de ideas para a remodelación integral da Praza Roxa
O CONCELLO SACARÁ UN CONCURSO DE IDEAS PARA A REMODELACIÓN INTEGRAL DA PRAZA ROXA
O goberno de Cedeira está a dar os últimos pasos cara á convocar un concurso de ideas para a remodelación integral da praza Roxa, centro urbano e social da vila cedeiresa.
O alcalde, Pablo Moreda Gil, apuntou que se está a traballar na elaboración dos pregos dunha iniciativa que terá por obxectivo, ademais de reunir unha serie de propostas para “humanizar” un importante punto neurálxico da localidade, coñecer a opinión dos veciños con respecto ao aspecto e funcionalidade que debe ter “un dos espazos máis singulares de Cedeira”, tal e como o difiniu Moreda Gil. O alcalde tamén recordou o papel que a diario xoga a praza Roxa como punto de reunión das familias locais e o que desempeña nos meses de verán cando convírtese no epicentro das celebracións festivas.
O equipo de goberno confía en ter listos os trámites en cuestión de algunhas semanas máis para acelerar a celebración dun concurso de ideas co que, en certo modo, se quere seguir os pasos do Concello de Ferrol con respecto ao proxecto da praza de Armas.
Tanto a importancia da obra, que tamén axudará a redefinir urbanisticamente unha zona moi importante do centro urbano, como a súa elevada cuantía levan aos responsables municipais a falar xa da posibilidade de necesitar o apoio económico da Xunta de Galicia o ven da Deputación da Coruña.
Á espera de que teña lugar a remodelación integral da praza, o Concello de Cedeira está a acometer estes días obras de mellora no recinto. Trátase de reparar 138 metros cadrados de pavimento que, polos efectos das raíces das árbores, non ofrecen a seguridade e tranquilidade que require un espazo destas características. Pablo Moreda Gil reconoceu que os árbores que rodean a praza xa están demasiado grandes e considerou necesario facer esta intervención, que tamén será en hormigón impreso, para contibuír á seguridade das moitas persoas que se dan cita na zona. As obras son executadas pola empresa Prieto Mouriz e foron contratadas por un importe de 8.349 euros.