Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello pide á veciñanza que vele por ter en boas condicións os contenedores do servizo de limpeza

O CONCELLO PIDE Á VECIÑANZA QUE VELE POR TER EN BOAS CONDICIÓNS OS CONTEDORES DO SERVIZO DE LIMPEZA

O goberno de Cedeira quere saír ao paso de certos comentarios pola escaseza e o deterioro que presentan algúns contedores do servizo de recollida de lixo. Os responsables municipais, ademais de apuntar que no orzamento aprobado hai uns días vai unha partida para incrementar o seu número, lembran que na actualidade están operativos un total de 111 recipientes para a recuperación de envases lixeiros (amarelos) e 40 destinados á recollida de papel/cartón (azuis), unhas cifras que, segundo o executivo local, están moi por enriba da media do conxunto de Galicia. De ter esta media como referencia, só habería 83 dos amarelos e 31 dos azuis.

Esta comparación vantaxosa para o Concello cedeirés prodúcese tamén ao falar dos contedores verdes e dos iglús para recoller o vidro. A día de hoxe dos de lixo orgánico existen un total de 481 e dos outros máis de 40.

O goberno municipal non deixa de recoñecer que se pode mellorar e invita á veciñanza a respectar os colectores non botando neles restos de obras ou bolsas sen pechar para tratar de evitar tanto os malos cheiros como a rotura dos recipientes. Segundo os responsables munipais, a empresa concesionaria do servizo de limpeza cumpre o que figura no contrato, xa que os limpa oito veces ao ano, pero non repón os que se deterioran por actos vandálicos.

O alcalde, Pablo Moreda Gil, apunta que “nisto da limpeza, como no resto, a responsabilidade é de todos”.