Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello mellora o sinal de televisión coa instalación dun equipo reemisor na parroquia de Cervo

O CONCELLO MELLORA O SINAL DE TELEVISIÓN COA INSTALACIÓN DUN EQUIPO REEMISOR NA PARROQUIA DE CERVO

Veciños dos núcleos rurais de Golmar e Trasmonte, ambos os dous situados na parroquia de Cervo, tiñan problemas á hora de recibir moitos canles de televisión, o que levou ao Concello de Cedeira a invertir máis de 8.000 euros euros no subministro e instalación dun equipo reemisor do sinal de TDT.

A obra xa está feita e a dificultade resolta coa adquisición do correspondente equipamento á empresa Gallega de Sistemas y Comunicaciones por importe de 8.178,28 euros (IVA incluído).