Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello mellora a actuación de limpieza do río Condomiñas que augas de Galicia realiza estes días

O CONCELLO MELLORA A ACTUACIÓN DE LIMPEZA DO RÍO CONDOMIÑAS QUE AUGAS DE GALICIA REALIZA ESTES DÍAS

O Concello de Cedeira mellorará a intervención que Augas de Galicia está levando a cabo no río Condomiñas con cargo ao programa de mantemento e mellora do dominio público hidráulico dos ríos.

Así, a limpieza que días atrás deu comezo na zona do Punto Limpo para máis adiante continuar en dirección á ponte da Acea, completarase coa que o goberno prevé acometer ao longo de 300 metros máis de canle augas arriba. En ámbolos dous casos, as actuacións previstas consistirán na retirada de árbores e polas caídas na canle e as marxes do río, así como na limpieza doutros restos vexetais e de madeira morta. Tamén se levará a cabo o desbroce selectivo en zonas nas que exista abundancia de matorral. Desde o Concello demandouse de Augas de Galicia a tala dos ameneiros de gran porte que están secos e que poden representar un perigo para as persoas.