Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello limpa o caleiro e repara as baixantes do auditorio

O CONCELLO LIMPA O CALEIRO E REPARA AS BAIXANTES DO AUDITORIO PARA POÑERLLE SOLUCIÓN AS MANCHAS DE HUMIDADE NAS FACHADAS

Estes días estanse a levar a cabo obras de limpeza no caleiro e traballos de reparación nas baixantes no auditorio municipal. A falta de mantemento que noutros tempos sufriu o edificio foi a orixe dun problema que viña xerando importantes manchas de humidade nas fachadas principal e lateral do inmoble. O proxecto que está en fase de execución terá concluído un dez días, segundo as previsións do Concello. Trátase unha intervención de obra menor que está s ser executada pola empresa Revestimentos Valdoviño SL. O importe da contratación foi de 2.825,56 euros.

O goberno municipal no descarta que se teña que acometer unha segunda intervención para recuperar o aspecto orixinal dun edificio que pasou algún tempo sen recibir os cuidados necesarios para garantir a súa conservación. Agora se confía en que, alomenos, con estes primeiros traballos se estea poñendo fin ao seu deterioro estético.