Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello limpa as humidades da fachada do Auditorio

O CONCELLO LIMPA AS HUMIDADES DA FACHADA DO AUDITORIO

O Concello de Cedeira completou estes días os traballos de mellora realizados no exterior do auditorio municipal. Se no mes de novembro as obras consistiron na sustitución do caleiro e na reparacións das baixantes, as executadas máis recentemente deron lugar á limpeza das manchas de humidade que desde hai tempo había na fachada do edificio. Esta última intervención fíxose mediante o uso unha maquinaria expecífica e un posterior tratamento, a base dun produto líquido, para evitar a súa reaparición.

Esta última inversión ascendeu a 2.400 euros. A obra foi executada pola empresa Manuel López Riola. O goberno local entende necesario o mantemento dos edificios e propiedades municipais para evitar o deterioro dos bens públicos.