Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello leva a seguridade vial ás aulas coa celebración dunhas zornadas no CEIP Nicolás del Río

O CONCELLO LEVA A SEGURIDADE VIAL ÁS AULAS COA CELEBRACIÓN DUNHAS XORNADAS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO

A totalidade do alumnado do CEIP Nicolás del Río de Cedeira – a matrícula actual é de 453 rapaces- tomará parte nas primeiras Xornadas Escolares de Seguridade Vial que, organizadas polo Concello a través da concellería de Educación, se desenvolverán ao longo da próxima semana nas propias instalacións do centro escolar

O responsable da área, Rubustiano Labraña, explicou que “a iniciativa responde á necesidade de suplir a falla de materias que agora non están contempladas na educación reglada”. O Concello considera importante que os nenos tamén se formen en cuestións que afectan á convivencia de todos.

A iniciativa arrancou hai uns días coa celebración de charlas informativas e o reparto de material da Fundación Mapfre por parte de membros da Policía Local do municipio, e retomarase o próximo luns, en horario lectivo, con actividades de tipo práctico. Para levar a cabo este apartado, o Concello de Cedeira conta coa colaboración do grupo de Seguridade Vial de Narón, que desprazará ao colexio cedeirés o dispositivo e os equipos dos que dispoñen para que os nenos -con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos- tomen contacto e aprendan a circular como peóns e futuros condutores polas rúas e demais espazos públicos.

O Concello de Narón porá a disposición dos nenos cedeireses coches de pedais, bicicletas, señais verticais e un completo parque de tráfico infantil para que os alumnos poidan levar á práctica a parte teórica desta aprendizaxe sobre seguridade vial. Estas leccións adaptaranse ás idades dos alumnos. Para os máis novos tamén están pensadas unhas sesións de contacontos con esta mesma temática e a estas alturas tampouco se descarta a celebración dunha exposición de material cedido pola Policía Local.

Robustiano Labraña agradece públicamente ao Concello de Narón a súa colaboración para que os nenos de Cedeira poidan iniciarse nun asunto tan importante como é o da seguridade vial coa fin de mellorar a circulación de vehículos e persoas e evitar nun futuro posibles accidentes.