O Concello estrea un apartado específico do sector turístico dentro da páxina web institucional
O CONCELLO ESTREA UN APARTADO ESPECÍFICO DO SECTOR TURÍSTICO DENTRO DA PÁXINA WEB INSTITUCIONAL
O Concello de Cedeira impulsa o sector turístico coa posta en funcionamento dun portal específico na páxina web institucional (www.cedeira.gal).
A golpe de clic os interesados poden acceder a todos os contidos necesarios para ter unha visión ampla e completa dos recursos e posibilidades que o municipio ofrece cara aos visitantes.
Co marco de fondo das imaxes máis turísticas da vila, o portal “Cedeira Turismo” acolle no seu interior diferentes apartados para coñecer a ubicación e o horario da oficina de turismo, realizar descargas para o móbil ou a tableta que facilitarán as visitas guiadas pola vila ou deixar as súas suxestións nunha caixa de correo para que poidan terse en conta polos responsables municipais.
“Coñece Cedeira” é a mellor ferramenta para entrar en contacto coa oferta máis turística do concello. A localización e características das praias, saber como chegar aos mellores miradores e acercarse á historia de San Andrés de Teixido son alguns deses recursos que poden axudar aos visitantes a gozar da súa estancia na vila e a facela máis interesante e completa. Un rueiro e alguns nomes de lugares nos que comer ou durmir tamén forman parte desde novo proxecto co que o goberno local quere mellorar a súa presencia dentro do sector turístico.