Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello e o Nicolás del Río organizan un obradoiro para celebrar o día das letras Galegas, este ano dedicado a Carlos Casares

O CONCELLO E O NICOLÁS DEL RÍO ORGANIZAN UN OBRADOIRO PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ESTE ANO DEDICADO A CARLOS CASARES

A celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio), conmemoración dedicada este ano ao escritor e editor Carlos Casares Mouriño, deu lugar á colaboración do Concello e a ANPA Picapeixe do colexio Nicolás del Río de cara á organización do obradoiro “As laranxas, máis laranxas e outros mundos”.

A iniciativa arrancou hai uns días coa realización de limóns en papel couché por parte de nenos de moi diferentes idades. A seguinte cita, que será o próximo xoves día 11, dará lugar á colocación desas pequenas obras de arte, feitas con globos, na laranxeira que está a carón do Concello. Enrique Vázquez é o responsable do proxecto do que os alumnos do colexio Nicolás del Río foron os protagonistas.