Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello e Arce organizan para o sábado a retirada de lixo do río Condomiñas, entre a ponte vella e a de madeira

O CONCELLO E ARCE ORGANIZAN PARA O SÁBADO A RETIRADA DE LIXO DO RÍO CONDOMIÑAS, ENTRE A PONTE VELLA E A DE MADEIRA

O Concello de Cedeira convida á cidadanía a participar este sábado (día 10) nunha retirada de lixo e demais elementos contaminantes do río Condomiñas. É unha actuación promovida pola Concellería de Medio Ambiente e a plataforma Amigos dos Ríos (ARCE). Ten carácter simbólico e busca crear una concienciación medioambiental, segundo os convocantes.

As inmediacións da estación de bombeo será o punto de encontro para tomar parte unha actividade que dará comezo ás 11.00 horas. A limpeza farase sen remover ni retirar sedimentos e levarase a cabo entre a ponte vella e a de madeira.

O Concello dispón da correspondente autorización por parte da Demarcación de Costas. Os convocantes buscan a máxima colaboración por parte da poboación local e mesmo tamén da doutros puntos da comarca e informan ademais de que as persoas que desexen participar terán que levar botas e guantes.