O Concello e Amigos dos Ríos volven a colaborar para levar a cabo unha segunda campaña de limpeza no Condomiñas
O CONCELLO E AMIGOS DOS RÍOS VOLVEN A COLABORAR PARA LEVAR A CABO UNHA SEGUNDA CAMPAÑA DE LIMPEZA NO CONDOMIÑAS
O Concello volve a colaborar coa Asociación de Amigos dos Ríos de Cedeira para realizar unha nova campaña de limpeza no río Condomiñas, a segunda nun prazo de quince días. Esta será o próximo domingo, día 6.
Trátase, segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, de volver a intervir na zona comprendida entre o muíño da Acea e o punto limpo para levar a cabo unha actuación máis polo miúdo e intervir en zonas nas que non se puideron chegar no mes de xullo. O tramo a limpar pode ter uns 500 metros.
Nesta ocasión, o punto limpo será o lugar de encontro para todas aquelas persoas que desexen colaborar na limpeza do Condomiñas. A actividade levarase a cabo entre as 11.00 e as 14.00 horas. Como na primeira vez, o Concello porá a disposición dos participantes os contedores e bolsas, mentras que eles terán que levar botas e guantes. Camilo Casal recoñece que as condicións nas que se atopa o río son o resultado dun abandono de moitos anos, polo que considera que seguramente haberá máis actuacións. O Concello tamén conta coa autorización a Augas de Galicia para esta segunda campaña.