Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello e a consellería de educación acordan anovar a colaboración para seguir mellorando as instalacións do colexio Nicolás del Río

O CONCELLO E A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ACORDAN ANOVAR A COLABORACIÓN PARA SEGUIR MELLORANDO AS INSTALACIÓNS DO COLEXIO NICOLÁS DEL RÍO

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, mantivo hoxe unha reunión de traballo co xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana Rivas, para seguir avanzando no marco da colaboración que manteñen as dúas institucións para introducir melloras no colexio Nicolás do Río.

Así, ademais de facer un repaso polos acordos xa realizados no 2016 -o Concello fíxose cargo do mantemento do centro e realizou obras de electricidade na aula de informática e a Xunta cambiou as ventás en seis aulas- chegouse ao compromiso de seguir avanzando nesta mesma dirección de cara ao próximo curso escolar.

Polo tanto, a Xunta acometerá no 2017 unha segunda fase da reposición de ventás, mentres que o Concello continuará facendose cargo dos gastos de mantemento e tamén de sacar adiante a execución do parque infantil previsto para o centro. A inversión autonómica estará en torno aos 20.000 euros, unha cifra que podría medrar de sair adiante a obra de substitución do solo das aulas de Infantil, petición que o alcalde trasladou hoxe ao responsable de Educación no transcurso da reunión. O Concello entende que o pavimento que existe nas tres aulas non é adecuado e estima nuns 10.000 euros os cartos necesarios para repoñer os 600 metros cadrados de chan que precisa a intervención.

O alcalde valorou os contidos da reunión e, en relación da demanda formulada, adiantou que súa realización depende da disponibilidade orzamentaria da Xunta.