Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello de Cedeira organiza actividades lúdico educativas para educar na igualdade de xénero

O CONCELLO DE CEDEIRA ORGANIZA ACTIVIDADES LÚDICO EDUCATIVAS PARA EDUCAR NA IGUALDADE DE XÉNERO

O Concello de Cedeira, coa colaboración da Anpa Picapeixe, organiza actividades lúdico educativas para unha educación igualitaria.

A conmemoración o venres do Día Internacional da Eliminacion da Violencia contra a Muller, está detrás dunha iniciativa que se materializará os días 22, 23, 24 e 25 na sala Áncora.

A convocatoria, que está pensada para os máis pequenos, arrincará o martes coa celebración de xogos da igualdade, cooperación e valores, entre as seis e as oito da tarde.

O mércores e repetindo horario, haberá un obradoiro de xoguetes reciclados non sexistas e o visionado do corto “Rosa Caramelo” para os nenos máis novos con actividades e manualidades. A organización recorda aos participantes que terán que acudir cun bote con tapa e un boneco de plástico que colla dentro.

O xoves, día 24, a elaboración dun mural suscitará a participación de todos os rapaces, mentras que a programación se despedirá o venres co visionado da película “Brave” e a exposición dos murais realizados. Só neste último caso, o horario será de cinco a siete da tarde.

Para o alumnado do IES o Concello, e sempre dentro do horario lectivo, o Concello programa a peza de Lisístrata. “A Historia en Feminino”. Nin unha menos!