Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello de Cedeira invita á veciñanza a colaborar na campaña “recicla con APADER”

O CONCELLO DE CEDEIRA INVITA Á VECIÑANZA A COLABORAR NA CAMPAÑA “RECICLA CON APADER”

“Recicla con Apader” é o nome dunha campaña que, da man do Centro de Atención de Personas con Discapacidad Psíquica, ten como obxectivo o despezado de ordenadores para evitar danos no medio ambiente ao tempo que se garante a reutilización de algúns dos seus compoñentes, unha actividade ocupacional que, á marxe dun beneficio económico, fai sentirse útiles ás persoas que a levan a cabo.

Por este motivo, desde o Concello de Cedeira anímase a toda a veciñanza a colaborar na iniciativa entregando os equipos informáticos en desuso no local no que fan labores de encadernación ou ben contactando con calquera concelleiro ou concelleira do goberno local para que o faga chegar alí