O Concello de Cedeira estima en máis de 20.000 euros os danos causados polo temporal
O CONCELLO DE CEDEIRA ESTIMA EN MÁIS DE 20.000 EUROS OS DANOS CAUSADOS POLO TEMPORAL
O Concello de Cedeira estima en máis de 20.000 euros os danos causados polo temporal en instalacións e vías municipais. Árbores caídas sobre as calzadas, marquesinas rotas, desprendemento de muros e estragos de distinta consideración no escolar de Esteiro son só algunhas das incidencias coas que o alcalde, Pablo Moreda Gil, se atopou estes días na visita de inspección realizada por todo o territorio cedeirés para comprobar o rastro deixado por rachas de vento de máis de 150 quilómetros á hora.
Moreda valorou o traballo e a colaboración dos voluntarios de Protección Civil e do único policía local que estaba de servizo durante a fin de semana. Do plantel, formado por cinco efectivos, dous estaban de baixa e os outros dous fóra de servizo.
O Concello xa está a elaborar os informes necesarios para facer valer os seguros que ten contratados con distintas compañías. Só a reparación do centro escolar foi valorada nuns 6.000 euros.
O alcalde apuntou que “dentro do malo ninguén resultou ferido, polo que todo o demais irase amañando”.