O Concello de Cedeira compra dous desfibriladores para o pavillón polideportivo e o campo de fútbol
O CONCELLO DE CEDEIRA COMPRA DOUS DESFIBRILADORES PARA O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO E O CAMPO DE FÚTBOL
O Concello de Cedeira acaba de contratar a compra de dous desfribiladores que en breve serán instalados no campo de fúlbol e no pavillón municipal.
O goberno, que non descarta seguir comprando máis aparatos en función das necesidades que se detecten, destacou que é a primeira vez que a administración local toma este tipo de medida en materia de saúde e tamén asegurou que, “aínda que xamais teñamos que utilizalos, é importante que os haxa para que poidan salvar vidas”.
A iniciativa completarase coa celebración dun cursiño para que traballadores da citada instalación deportiva e persoas vinculadas ao club de fútbol sexan adiestradas no uso duns aparatos de fácil manexo. Será o día 26 na sala de simulación médica da Área Sanitaria de Ferrol e o médico Javier Rodríguez Fariñas encargarase de impartir os contidos do curso. Desde o Concello de Cedeira agradécese moi especialmente a colaboración altruísta deste médico da UCI do CHUF.
O alcalde, Pablo Moreda Gil, explicou que a colocación desde novos aparatos no pavillón e no campo de fútbol se decidiu por ser os dous espazos deportivos máis frecuentados pola veci- ñanza e a xente de fóra que ven como espectadora ás citas deportivas que teñen lugar na vila.
Moreda Gil sinalou que cada vez é máis frecuente a presencia deste tipo de aparatos en lugares públicos e destacou que os desfribiladores analizan as arritmias que poden chegar a ser mortais e administran unha descarga eléctrica coa finalidade de restablecer o ritmo cardíaco.
A empresa Serviplus encargarase de subministrar os dous desfibriladores, polos que o Concello pagará un total de 3.300 euros (IVE incluído).