saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

Consejo Cedeira completa su oferta turística con visitas guiadas al Santuario de San Andrés

EL CONSEJO DE CEDEIRA completa sus VISITAS oferta turística al santuario de San Andrés

O Concello de Cedeira completa a súa oferta turística coa contratación da empresa Mariña Activa para visitas guiadas polos exteriores e máis o interior do santuario de San Andrés de Teixido. A iniciativa arrinca este primeiro domingo do mes de agosto con dúas convocatorias, que serán ás 11.30 e 12.30 horas.

As persoas que estean interesadas só teñen que presentarse nas inmediacións da igrexa a algunha das horas antes indicadas. A participación é gratuíta. Lendas, romerías, ritos e recursos, ademais das características e singularidades do lugar, serán os contidos dunhas visitas de entre vinte e trinta minutos de duración, segundo apuntou a persoa que estará a cargo da iniciativa. O programa terá continuidade durante os tres próximos meses (agosto, setembro e outubro).

Con esta nova actividade o Concello abre a súa oferta turística ata poñer ao alcance dos viaxeiros un total de catro posibles recorridos, incluíndo o Museo Mares de Cedeira. A visita guiada ao castelo da Concepción foi durante moitos anos a única posibilidade que había para descubrir a historia da vila. O fortín está aberto ao público de martes a sábado, en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas, e os domingos de 17.oo a 20.00 horas. Foi no 2016 cando o goberno municipal apostou polo proxecto das xeorutas para mostrar a faciana máis descoñecida de Cedeira, ademais de poñer en valor riqueza xeológica do territorio. As rutas das Praias Negras, Os Cantís, Cromo e Granate son uns traxectos a pé de distinta duración que, da man do xeólogo Francisco Canosa, están ao alcance de todos os interesados e de maneira gratuíta. As saídas teñen lugar as fins de semana e a reserva de prazas pódese facer a través da oficina de turismo (teléfono 981 482 187), no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es ou na axenda de eventos da páxina web do Concello (www.cedeira.gal).