O Concello de Cedeira colaborou coa asociación de jóvenes empresarios para xerar oportunidades de negocios entre emprendedores
O CONCELLO DE CEDEIRA COLABOROU COA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS PARA XERAR OPORTUNIDADES DE NEGOCIOS ENTRE EMPRENDEDORES
O auditorio municipal de Cedeira acolleu hoxe un encontro de networking empresarial que, organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), representou unha boa oportunidade de contacto e negocio para os 40 asistentes. O Concello local participou como entidade colaboradora.
O alcalde, Pablo Moreda Gil, interviu na clausura dun acto que calificou de “enriquecedor” por considerar que favorece as sinerxias que crean empleo e contribúen ao desenvolvemento dos pobos. Moreda Gil explicou que o Concello cedeirés sempre se mostra disposto a colaborar na realización desde tipo de iniciativas xa que, ademais de ser “unha experiencia bonita”, permiten ás administracións implicarse moi directamente no pulo da economía local e na creación de postos de traballo. O alcalde destacou o potencial que representa poñer en contactos a empresarios que ofrecen moi distintos servicios e sinalou o feito de que con moi poucos recursos públicos, como pode ser ceder unhas instalacións municipais, se pode facer moito para mudar unha situación ou tendencia pouco favorable. Moreda tivo verbas de agradecemento para os responsables de AJE por apostar pola vila para a celebración do networking. O alcalde estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde e responsable das áreas de Urbanismo, Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez.
O presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), Luis González, interviu porteriormente no peche do acto para destacar a colaboración que atoparon os responsables da asociación empresarial no equipo de goberno para a organización do encontro.