O CONCELLO DE CEDEIRA CELEBRA ESTE DOMINGO O SEU EVENTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
O Concello de Cedeira conmemorará este domingo, cun acto que se vai desenvolver a partir das 18.30h no Auditorio Municipal, o Día Internacional contra a Violencia Machista. O evento comezará co visionado dun vídeo breve, que leva por título o hashtag #NotAllMen, no que con humor se presentan dúas situacións iguais pero diferentes, para invitar á reflexión.
Un ano máis tomarán parte no acto as voluntarias do Punto Lila de Cedeira, que compartirán unha serie de recomendacións sobre como contribuír a frear a violencia machista. Lerase a continuación o manifesto institucional do Concello, para rechazar con rotundidade calquera agresión e todas as violencias machistas que están no día a día da nosa sociedade.
Iria Seaje e Carlos Dopeso, dous músicos de Cedeira, interpretarán para finalizar o acto a “Canción sin miedo”, da cantante e compositora mexicana Vivir Quintana, convertida nun himno do feminismo.