O CONCELLO DE CEDEIRA ADVIRTE Á POBOACIÓN DUNHA POSIBLE ESTAFA TELEFÓNICA
O Concello de Cedeira alerta á poboación dunha posible estafa telefónica sufrida xa por algúns veciños da vila. Os estafadores fanse pasar por persoal dunha entidade bancaria para conseguir a autorización da vítima e lograr así acceder á súa conta para retirar cartos. Para evitar ser vítima de estafas deste tipo e ante calquera chamada sospeitosa, recomendase acudir á devandita entidade bancaria. Aconséllase así mesmo poñer en coñecemento da Garda Civil ou da Policía Nacional calquera estafa deste tipo.