O CONCELLO DE CEDEIRA ADQUIRÍU UNHA BIOTRITURADORA DE RESTOS VEXETAIS
O concello de Cedeira vén de adquirir recentemente unha biotrituradora, que se empregará para procesar os restos de podas dos parques e xardíns municipais, facilitando así a valorización desta materia vexetal.
Este equipo instalarase no punto verde co que conta o concello, situado no polígono industrial da Trabe, coa intención de que nun futuro próximo se poida establecer un sistema de uso, tamén para os restos de poda da veciñanza que así o demande.
A inversión de 2.400€ (máis IVE) foi cofinanciada nun 90% polo fondo europeo relativo ao mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola UE-Next Generation, mediante as axudas convocadas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
https://cedeira.gal/wp-content/uploads/2024/11/biotrituradora.JPG