Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello contrata á ilusionista Fani Triana para explicar aos nenos a igualdade entre homes e mulleres con xogos e trucos de maxia

O CONCELLO CONTRATA Á ILUSIONISTA FANI TRIANA PARA EXPLICAR AOS NENOS A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES CON XOGOS E TRUCOS DE MAXIA

A celebración do día dedicado á muller traballadora implica, no caso do Concello de Cedeira, unha cita coa maxia. Falar de igualdade con xogos e trucos é o contido do espectáculo que un grupo de alumnos do CEIP Nicolás del Río verá o próximo luns (día 13) no auditorio municipal dentro do horario lectivo. Nesta ocasión, a cita vai dirixida a nenos con idades comprendidas entre os oito e once anos (2º e 3º ciclo de Primaria) e Fani Triana é a artista contratada polo Concello para facer do ilusionismo unha opción práctica e educativa para trasmitir aos menores que homes e mulleres deben ser iguales en todos os aspectos da vida.

Á marxe desta programación, o auditorio abrirá as súas portas o próximo venres (10 de marzo) para acoller a representación da obra “Non sabes quen es”, que estará a cargo de la compañía Duende Sico. A iniciativa chega á vila da man do programa de Promoción e Fomento da Língua 2017 da Deputación da Coruña. Ese mesmo día, a ANPA Picapeixe celebrará no auditorio a súa gala “Cousa de dous”. Este acto será ás sete da tarde.