O Concello completa a súa política de información coa edición dunha guía cultural e de ocio
O CONCELLO COMPLETA A SÚA POLÍTICA DE INFORMACIÓN COA EDICIÓN DUNHA GUÍA CULTURAL E DE OCIO
O goberno de Cedeira completa a súa política de información e transparencia cara á veciñanza coa edición dun terceiro boletín. Así, aos xa existentes “As7parroquias” -no que se recolle a actividade municipal- e “En marcha” -dedicado á información deportiva- desde hoxe mismo tamén estará nas rúas cedeiresas “Son de Cedeira”, unha publicación de 24 páxinas que sairá cada catro meses e na que estará recollida a programación cultural e de ocio xenerada polo Concello. Neste primeiro número, os veciños terán acceso ás actividades previstas para os meses de maio, xuño, xulio e agosto, se ben sempre poden xurdir novidades.
A presentación esta nova guía cultural e de ocio tivo lugar hoxe nas instalacións do Palacete municipal. Nela compareceron o alcalde, Pablo Moreda Gil; a concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez, e o concelleiro de Educación, Rubustiano Labraña.
Moreda destacou a importancia de ter informada á xente e o feito de facer cousas diferentes tanto para dar a coñecer Cedeira como para que se saiba “como se están a facer aquí as cousas”.
Pola súa banda, María Xosé Rodríguez explicou que o proxecto responde a unha demanda detectada polo equipo de goberno e confirmou que a idea é que “Son de Cedeira” estea presente na vida cotiá dos cedeires para coñecer polo miúdo e mes a mes as diferentes opcións culturais e de ocio das que dispoñen.
Rubustiano Labraña apuntou que a revista vén reflectir que tanto o Concello como a publicación son “algo vivo”, en referencia á posibilidade de que poidar xurdir novidades polo carácter cuatrimestral da publicación.
Desta primeira guía distribuiranse hoxe mesmo unhas cincocentas unidades.