O Concello colabora coa Asociación do Casco Vello no organización da II Xuntanza Motera
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DO CASCO VELLO NO ORGANIZACIÓN DA II XUNTANZA MOTERA
O Concello de Cedeira colabora coa Asociación do Casco Vello na organización da segunda edición da Xuntanza Motera, unha iniciativa que este ano coincide coa Festa do Percebe e na que está prevista a participación de arredor de 400 persoas. A cita será hoxe sábado e o programa inclúe unha ruta pola vila, unha comida a base de churrasco, un paseo pola tarde ata a ermida de Herbeira e música pola noite. Esta última actividade estará a cargo dos grupos Kowloon e Pölisong.
A zona da Alameda será o centro neurálxico dunha celebración que se consolida este ano cunha participación que, segundo os convocantes, duplicará á do primeiro encontro. Durante unhas horas, Cedeira será a referencia para afeccionados ás motos de Galicia e mesmo tamén do norte de Portugal. A churrascada está prevista para as 14.30 e o paseo ata os cantís máis altos da Europa continental dará comezo ás 17.30 horas.
A inscrición pódese formalizar a través do número telefónico 629 640 040 e seu prezo ascende a 10 euros por persoa. A organización tamén ten acoutada unha zona de acampada no parque dos patos.