Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello buscará solucións alternativas para llevar a cabo a actuación arqueolóxica do Castro das Croas

O CONCELLO BUSCARÁ SOLUCIÓNS ALTERNATIVAS PARA LEVAR A CABO A ACTUACIÓN ARQUEOLÓXICA DO CASTRO DAS CROAS

A proposta do Concello de Cedeira de levar adiante unha actuación arquelóxica no castro das Croas espertou o interese de 13 dos 39 propietarios dos terreos nos que se atopa. Esta escasa participación e a necesidade de darlle un novo efoque ao proxecto, por razóns económicas, levan aos responsables municipais a barallar outras posibles alternativas.

A concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez, explicou que a normativa que prohibe a segregación dos montes, no caso de compra, complica a execución do proxecto no fundamental. Este atranco implicaría a limitación do terreo a intervir mediante a construción dunha pista arredor do perímetro, o que elevaría de maneira considerable o presuposto inicialmente previsto, ademais de dilatar os prazos de execución. A opción de mercar o conxunto dos montes tamén resulta inviable, segundo a responsable de Cultura.

Todas estas cuestións, así como a proposta inicial do Concello de ter a autorización dos propietarios para levar adiante a actuación arqueolóxica -a maioría dos afectados queren vender- , foron os motivos da reunión que os responsables municipais mantiveron onte cos veciños.