Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello busca a colaboración do sector de hotalería para incrementar a reciclaxe dos envases lixeiros

O CONCELLO BUSCA A COLABORACIÓN DO SECTOR DE HOSTALERÍA PARA INCREMENTAR A RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS

O Concello de Cedeira está a poñer en funcionamento unha nova campaña entre os establecementos de hostalería e restauración do municipio para incrementar a reciclaxe de envases lixeiros e participar así activamente na conservación do medio ambiente.

recollida selectiva dos envases lixeiros e papel/cartón- para levar a cabo unha iniciativa que consiste na prestación dun servizo de asesoramento para avaliar, xunto a cada local, os recursos necesarios que facilitarían a participación na reciclaxe destes envases. Os negocios que se sumen á campaña disporán ademais dos medios materiais para depositar os devanditos residuos nos contedores de cor amarelo.

Todas estas cuestións están recollidas nunha carta que o goberno local fará chegar nos próximos días a todos os locais de hostalería e restauración do municipio. O concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, estima que serán arredor de 50 envíos.

Na carta faise constar que “xuntos, e grazas ao poder de colaboración de todos os cidadáns, xa temos alcanzado unha taxa de reciclaxe global do 74,8% de envases lixeiros e papel-cartón”. Tamén se recoñece que o sector de hostalería xoga un papel fundamental para a correcta separación de recipientes de plástico, briks ou de aceiro e aluminio.

Segundo o balance recentemente publicado, no ano 2015 cada cedeirense recuperou unha media de 9,9 quilos de envases lixeiros, unha cantidade que se axusta a media galega pero que se alonxa da mesma cando se trata dos impropios (o que non é propio do colector amarelo). Así, en Cedeira representaron un 34,83%, mentres que en Galicia esta porcentaxe estivo no 28,6%. Esta diferencia supón que Ecoembes paga ao Concello 3.655,26 euros menos do que lle debería corresponder de non haber estes impropios.