Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello aumenta o número de papeleiras e de cubrecontedores de madeira

O CONCELLO AUMENTA O NÚMERO DE PAPELEIRAS E DE CUBRECONTEDORES DE MADEIRA

Por unha cuestión estética e tamén para evitar a degradación ambiental, o Concello de Cedeira contratou a instalación de 20 papeleiras máis para a vía pública e tres cubrecontedores de madeira para ocultar parcialmente os colectores de lixo. Esta última medida conséguese mediante a colocación de piares e paneis modulares prefabricados.

A execución da obra correspóndelle á Carpintería García SL, empresa que resultou a axudicataria polas melloras presentadas. A inversión total ascende a 10.000 euros (IVE incluído), dos que máis de 6.000 os leva o presuposto das papeleiras.

O Concello financia o proxecto a través do Fondo de Compensación Ambiental do presente exercicio.