Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello acomete obras de mellora nos pasos de peóns e nas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida

O CONCELLO ACOMETE OBRAS DE MELLORA NOS PASOS DE PEÓNS E NAS PRAZAS DE APARCAMENTO PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

O Concello de Cedeira está a acometer obras de mellora en pasos de peóns e nas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. O conxunto das intervencións supón un gasto de 13.000 euros e coa realización dos traballos tratarase de ampliar as medidas de seguridade que actualmente existen nos pasos de peóns, renovando as capas de pintura e instalando ata un total de 40 novas sinais nas súas proximidades que advirtan aos condutores da súa presencia sobre a rúa. En canto ás prazas de mobilidade reducida, a idea do goberno local é ir adaptándoas pouco a pouco á normativa vixente, tanto no relativo ao pintado destes espazos como á necesidade de mellorar o acceso dos usuarios ás beirarrúas. Inicialmente, os traballos limitaranse ao primeiro dos apartados, o pintado.

Estas actuacións, segundo o alcalde, Pablo Moreda Gil, levaranse a cabo no casco urbano, excepto na rúa Zumalacárregui e a avenida Castelao por tratarse de infraestruturas de titularidade provincial e autonómica, respectivamente.

Moreda Gil recordou que o goberno dispón dun proxecto no que se abordan as necesidadesdo municipio en materia de seguridade vial. O alcalde sinalou que as actuacións se irán completando paulativamente.