Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello abre o prazo de preinscripción para tomar parte nas escolas deportivas durante a temporada 2016-2017

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA TOMAR PARTE NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DURANTE A TEMPORADA 2016-2017

O Concello de Cedeira, a través da concellería de Deportes, abriu o prazo de preinscrición das escolas deportivas municipais para o curso 2016-2017.

Ximnasia de mantemento, pilates, aquagym, saúde na auga, natación para embarazadas, aquaerobic, bádminton e natación son as actividades que constitúen a oferta para adultos. O programa infantil consta de educación física de base, ximnasia rítmica, tenis de mesa, natación para bebés, patinaxe, bádminton, mini-basket, fútbol sala e natación.

O prazo de preinscrición estará aberto do 7 ao 16 de setembro. A confirmación das prazas producirase entre o 21 e 30 de setembro e o comezo das actividades terá lugar o día 10 de outubro. O calendario de horarios conocerase o día 4 do citado mes.

A creación das escolas de baile infantil e adultos está pendente da preinscrición. As prazas cubriranse segundo a orde na que se anotasen os interesados.

O Concello lembra aos clubs e asociacións deportivas que desexen facer uso das instalacións municipais que teñen que tramitar a solicitude antes do día 16 de setembro nas oficinas do pavillón polideportivo.