Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O cine volta o día 1 de octubro ao auditorio municipal de Cedeira

O CINE VOLTA O DÍA 1 DE OUTUBRO AO AUDITORIO MUNICIPAL DE CEDEIRA COA PROXECCIÓN DA PELÍCULA “TRUMAN”

O ciclo Cinemas de Galicia voltará ao auditorio municipal de Cedeira a partir do día 1 de outubro. A programación arrincará coa exhibición da película “Truman”, un filme español coa participación de actores tan coñecidos e premiados como Ricardo Darín e Javier Cámara. “Truman” foi a Mellor Película dos premios Goya 2016.

A seguinte cita co cine na vila de Cedeira será o día 9 de outubro coa proxección de “Meigallos”, unha película de animación infantil dirixida por Virginia Curiá. A exhibición dará comezo ás 18.30 horas.

A programación do mes de outubro finalizará o día 23 coa coprodución española-belga “Lobos sucios”, un thriller recomendado para maiores de doce anos. A sesión dará comezo ás 18.30 horas. Simón Casa de Miguel é o director unha película que conta a presenza dos nazis en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. El filme proxectouse no Festival Internacional de Cine de Ourense 2015.

“O noso último verán en Escocia” é unha comedia do Reino Unido, dirixida por Andy Hamilton e Guy Jenkin, que se exhibirá no auditorio municipal de Cedeira o primeiro domingo do próximo mes de novembro (día 6), a partir das 18.30 horas. O filme narra a historia dunha parella moza de Londres recentemente separada que viaxa cos seus fillos a Escocia para celebrar o aniversario do avó enfermo. Para non desgustalo, a familia decide simular que todo é harmonía. Foi premio do Público na Seminci 2014.