O calendario festivo local comeza coas celebracións populares en San Isidro
O CALENDARIO FESTIVO LOCAL COMEZA COAS CELEBRACIÓNS POPULARES EN SAN ISIDRO
Os veciños de San Isidro estanse a preparar para celebrar as festas patronais, que terán lugar os días 12, 13 e 14 do presente mes. Ángel, José Vicente, Pedro e Laura son os membros dunha comisión que contou co apoio dos veciños da parroquia de Esteiro e mesmo tamén do Concello de Cedeira e dos comerciantes para organizar unha programación que dará comezo o venres coa actuación da orquestra Alaska e o grupo Fusión, a partir das 23.00 horas.
Para a xornada do sábado prevese a celebración (ás 13.30 horas) da misa solemne, e a procesión, a continuación, polo adro da capela de San Isidro. A formación musical Cosmos animará a sesión vermú e volverá a actuar na verbena, xunto a orquestra Panamá.
As festas concluirán o domingo coas útimas citas populares. Así, os actos relixiosos darán comezo ás 13.30 horas e a sesión vermú correrá a cargo do grupo Fusión.