Novo folleto turístico
NOVO FOLLETO TURÍSTICO
“Cedeira. A maxia da natureza” é o título dun novo folleto turístico que desde hai días xa está a disposición de veciños e viaxeiros no centro de información ao visitantes, situado no Palacete municipal. Trátase dunha publicación na que, ademais de ter imaxes e un plano da vila, tamén se recollen aqueles recursos ou lugares que poden ser de máis interese cara ás persoas que visitan a localidade ao longo de todo o ano. O texto principal está escrito en castelán, galego e inglés. O Concello contou coa axuda da Deputación para incrementar a información que se ofrece aos visitantes desde a Oficina de Turismo.