Nove Concellos reclaman solucións <> do tren Ferrol-Ribadeo
NOVE CONCELLOS RECLAMAN SOLUCIÓNS «Á GRAVE SITUACIÓN» DO TREN FERROL-RIBADEO
Usuarios, colectivos cidadáns, partidos políticos e gobernos locais comparten críticas polas numerosas deficiencias no tren Ferrol-Ribadeo. Ás diferentes iniciativas e reivindicacións expostas desde distintos grupos políticos uniuse onte a dos representantes institucionais de nove Concellos da Mariña, Ortegal e Ferrolterra. Reunidos en Moeche (A Coruña), reclaman solucións «á grave situación» dese servizo ferroviario, «en deterioración permanente desde o ano 2009».
En nome dos gobernos locais de Moeche, Cerdido, San Sadurniño, Narón, Ferrol, Valdoviño, Cedeira, Ortigueira, Cariño e Viveiro, do encontro de onte en Moeche saíu o acordo de solicitar unha entrevista á conselleira de Infraestruturas. Propóñense vela o próximo 7 de abril, cando anuncian que «vos alcaldes acudirán á consellería para procurar unha resposta» aos problemas do tren que percorre o norte galego. Á titular de Infraestruturas tamén lle pedirán «que promova a presenza» de representantes de Adif e de Renfe na cita que pretenden concertar para o día 7.
Durante a reunión, os dirixentes municipais analizaron un informe da Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo. Jesús Fernández, como representante do Concello de Viveiro, confirmou que todos os asistentes comparten a análise dese colectivo cidadán sobre as deficiencias do tren, as propostas de mellora e os cambios que poderían converter a ese ferrocarril nun medio de transporte útil para os 240.000 habitantes da costa norte galega.
Frente a ese potencial que cidadáns e políticos cren que podería ter ese tren de ancho métrico, desde hai varios anos, na sociedade de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña esténdese a impresión de que Feve parece avanzar cara ao desmantelamento dese servizo ferroviario.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Nove concellos reclaman solucións «á grave situación» do tren Ferrol-Ribadeo