Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Moreda despediu aos 86 nenos da primeira quenda do Campus de Fútbol

MOREDA DESPEDIU AOS 86 NENOS DA PRIMEIRA QUENDA DO CAMPUS DE FÚTBOL

O auditorio de Cedeira acolleu onte a clausura da primeira quenda do Campus de Fútbol da Federación da RFEF (Real Federación Española de Fútbol).

O acto estivo presidido polo alcalde, Pablo Moreda Gil, aínda que os verdadeiros protagonistas foron os 86 nenos que tomaron parte nesta experiencia. Todos os asistentes recibiron recordos fotográficos do seu paso polo Campus e un boletín con cualificacións do seu nivel técnico táctico. Así este grupo deu o relevo aos participantes que chegarán mañá para tomar parte na segunda mitade do programa. Ao final serán 135 os nenos que pasarán por Cedeira para mellorar o súas técnica de xogo pero tamén para divertirse co seus compañeiros e mesmo coñecer esta localidade da comarca de Ferrol.