Medio Rural
MEDIO RURAL
O alcalde mantivo, un segundo encontro na delegación territorial da Xunta con responsables de Patrimonio e Medio Rural. Neste caso, o obxecto da reunión era o de coñecer as intencións da administración autonómica con respecto ao antigo edificio das vivendas sindicais, situado no centro urbano da vila cedeiresa. Pablo Moreda Gil mostrou o interese do Concello de Cedeira en colaborar co Patrimonio e Medio Rural para conseguir a desafección dunha edificación agora en desuso, para a que o equipo de goberno podería chegar a barallar futuros usos.