Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Máis de 2000 tapas vendidas no concurso Cedeirense que gañou o mesón

MÁIS DE 2.000 TAPAS VENDIDAS NO CONCURSO CEDEIRENSE QUE GAÑOU O MESÓN

A merluza en salsa de rape que elaborou O Mesón foi a receita máis votada no primeiro concurso de tapas organizado polo Concello de Cedeira, coincidindo coa Festa da Merluza de Volanta. E Marta Cheda López foi a clienta seleccionada, entre todas as persoas que participaron, e que gozará dunha cea para dúas persoas, por valor de 100 euros, no establecemento vencedor. O alcalde, Pablo Moreda, e a edila de Cultura, Mª Xosé Rodríguez, resaltaron a boa acollida do certame e a calidade das tapas (vendéronse máis de dous mil a 1,5 euros).

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Máis de 2.000 tapas vendidas no concurso cedeirense que gañou O Mesón