Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Lanzadeiras de emprego 2017

LANZADEIRAS DE EMPREGO 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, e co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, pon en marcha unha nova edición das lanzadeiras de emprego, que se levarán a cabo nas localidades de:

A Coruña

Carballo

Ferrol

Lalín

Lugo

Pontevedra ou

Santiago de Compostela,

En que consiste este programa?

Cada lanzadeira servirá para ADESTRAR a un equipo de 20 persoas desempregadas (15 mozos menores de 35 anos e cinco persoas de maior idade, ata os 59 anos) para realizar unha NOVA PROCURA DE TRABALLO, acorde ao mercado laboral actual.

Xa non estarás só/a na procura de traballo. Contarás coa axuda dun/ha técnico/a durante os cinco meses que dura o programa. Contigo estarán tamén outras persoas desempregadas, que vos axudaredes mutuamente a buscar traballo.

Que actividades farás na lanzadeira?

Ø Aprenderás a actualizar o teu currículo e adestrarás procesos de selección reais, con simulacións de entrevistas de traballo.

Ø Coñecerás novas técnicas de comunicación e marca persoal, para saber presentarte mellor a un posto de traballo.

Ø Reforzarás a procura de emprego na internet, en portais de emprego e redes sociais, con obradoiros para manexalas correctamente.

Ø Todos xuntos faredes un rastrexo de empresas da contorna e visitarédelas para darvos a coñecer como profesionais.

Características das lanzadeiras

A participación é VOLUNTARIA e as actuacións son TOTALMENTE GRATUÍTAS, polo queTAMPOUCO darán lugar a COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS

Que resultados teñen as lanzadeiras de emprego?

Con este esquema funcionaron xa máis de 300 lanzadeiras por todo o país nos últimos tres anos. Nelas, o 50% das persoas participantes conseguiron un emprego por conta propia ou allea, ou retomaron os seus estudos.

Anímaste a participar?

Tés ata o 20 de abril para inscribirte na web de lanzadeiras, onde atoparás toda a información:

Visitar á ligazón para a inscrición na web lanzadeiras

Tamén podes informarte, solicitar e entregar impresos de inscrición a través:

– das oficinas de emprego

– dos axentes de emprego e desenvolvemento local

Máis información?

Facebook: LanzaderasDeEmpleo

Twitter: @Lanzaderas_EES

Tel.: 91 522 12 62

Email: info@lanzaderasdeempleo.es