I Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira
I CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO DE CEDEIRA
O I Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira pretende fomentar a cultura en xeral e as artes escénicas en particular. Pretende configurarse como unha cita anual na que teñan cabida os traballos presentados por compañías de teatro amador para servir de impulso favorecedor da participación popular na cultura e promover o teatro como medio de enriquecemento cultural dos veciños e veciñas.
Con este certame inténtase achegar máis o Teatro á poboación de Cedeira, ofrecendo unha visión do panorama do teatro amador que se fai en Galicia.
DESCARGA EN PDF Bases de participación
DESCARGA EN PDF Anexo de inscrición para o I Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira