Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Hoxe é 8 de marzo, data que reivindica e simboliza a loita das mulleres na defensa dos seus dereitos laborais e a defensa da igualdade

HOXE É 8 DE MARZO, DATA QUE REIVINDICA E SIMBOLIZA A LOITA DAS MULLERES NA DEFENSA DOS SEUS DEREITOS LABORAIS E A DEFENSA DA IGUALDADE

O 8 de marzo do 1857 un grupo de obreiras textiles protestaron polas rúas de Nova York polas míseras condicións nas que traballaban. A partir desa data sucederanse distintos movementos de carácter similar protagonizados por mulleres. De novo en marzo, do 1908, un grupo de mulleres traballadoras da fábrica Cotton de Nova York, reclamaban a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos, durante esa folga morreron máis de cen mulleres queimadas na fábrica.

No 1910, durante a 2ª Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague, aprobouse a declaración do 8 de marzo como día Internacional da Muller Traballadora. E xa no 1977 as Nacións Unidas declararon o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.

O día de hoxe ademais do carácter conmemorativo que se lle queira dar sigue a ser fundamentalmente reivindicativo, porque as mulleres seguimos a ter que esixir igualdade en todos os aspectos da nosa vida, tanto laboral como doméstico, tanto no ámbito público como no privado. Seguimos a ter que rexeitar día tras día a terrible lacra da violencia machista, enchemos as estatísticas do desemprego ou exercemos de coidadoras sen salario no noso ámbito familiar. Con todo isto presente e moitas máis reivindicacións que todas poderiamos facer é como o goberno municipal de Cedeira celebramos este 8 de marzo.