Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

«Hai problemas para atopar técnicos de máquinas»

<<HAI PROBLEMAS PARA ATOPAR TÉCNICOS DE MÁQUINAS>>

A patroa maior da confraría de Cedeira, Lucía Villar, ve «moi mal» os ánimos do sector.

A patroa maior da confraría de Cedeira atribúe a mellora da facturación producida en 2016, en relación co ano anterior, «aos prezos e algo tamén terán afectado as vendas de bonito, aínda que os barcos que foron á costeira deixaron de ir á pescada». Lucía Villar Martínez está satisfeita coas cifras, pero ve «moi mal, cada vez peor», o ánimo da flota. «Os barcos están a intentar estirar a cota [de pescada] ata a campaña do bonito, e entón hai moitas menos vendas», explica. O depósito cedeirense depende da flota do volante, que representa ao redor do 50 % das vendas totais, e a repartición das cotas prexudícalles desde hai anos. A maiores, apunta Villar, «agora hai problemas para atopar técnicos, sobre todo de máquinas, pero tamén de ponte. Hai barcos que han ter que deixar de ir ao mar algún día por falta de persoal». Confía en que a convocatoria dun curso non presencial en marzo axude a paliar esta situación.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Hai problemas para atopar técnicos de máquinas