Goberno e oposición únense nun vídeo pola convicencia, na campaña do IES Punta Candieira
GOBERNO E OPOSICIÓN ÚNENSE NUN VÍDEO POLA CONVIVENCIA, NA CAMPAÑA DO IES PUNTA CANDIEIRA
Os tres grupos do goberno municipal -PSOE, BNG e Anova- e o PP, na oposición, xuntáronse ao finalizar o pleno para gravar un vídeo de apoio á campaña emprendida polo IES Punta Candieira. Nunha imaxe insólita, os edís de todas as formacións proclamaron o lema desta iniciativa: «Eu apoio a convivencia, que corra a voz». «Gustounos facelo conxuntamente porque nos parece que é un bo exemplo», resumiu a primeira tenente de alcalde, a nacionalista María Xosé Rodríguez.
O exseleccionador Vicente do Bosque participará na gala do deporte de Cedeira, programada polo Concello para o día 9 de xuño, segundo avanzou o goberno local no pleno ante unha pregunta do PP, que non entende por que se cambiou, de comezos de ano, cando adoitaban celebrala na súa etapa, ao mes de xuño.
O concelleiro do ramo, Nicolás Vergara (PSOE), aclarou que se se tardou en concretar a data era porque estaban pendentes da axenda do adestrador.
As bicicletas, só en verán
Como na obra de Fernando Fernán-Gómez, en Cedeira, as bicicletas tamén son para o verán. O alcalde, o socialista Pablo Moreda, respondeu ao PP sobre o servizo de aluguer e explicou que, dado o custo de mantemento (uns 500 euros ao mes, pola complexidade técnica do sistema), o tempo e a falta de demanda o resto do ano, as bicis funcionarán tres ou catro meses ao ano. Tamén lembrou a necesidade de modificar a ordenanza aprobada polo PP para incluír un prezo por día de uso.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón: