Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello e a confraría xa traballan arreo cara á celebración da primeira festa dedicada á pesada

O CONCELLO E A CONFRARÍA XA TRABALLAN ARREO CARA Á CELEBRACIÓN DA PRIMEIRA FESTA DEDICADA Á PESCADA

O Concello de Cedeira e a Confraría de Pescadores local empezan a colaborar cara á celebración da que será a primeira festa de exaltación da pescada, unha cita que terá lugar antes do verán. E como punto de partida conxunto estase a concretar a data para manter un encontro cos propietarios de negocios de hostalería da localidade. O obxectivo é coñecer desde a disposición do sector a implicarse no desenvolvemento do programa ata as ideas que poidan aportar os restauradores. Entre outras opcións fálase xa da posibilidade de organizar un concurso de tapas elaboradas a partir da merluza.

A falta de concretar a data da reunión, que previsiblemente terá lugar ao longo da próxima semana, tanto o Concello como o pósito local entenden que a festa pode ser un magnífico escaparate para mostrar tanto a profesionalidade do sector de hostalería de Cedeira como o que a restauración representa para a economía da vila. Por esta razón, os responsables municipais e da Confraría invitan aos hostaleiros a participar nun encontro do que se espera que saia un compromiso firme de cara a celebración do evento.