Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

FAEPAC- servizo gratuíto de asesoramento para os afectados polos cortes de subministro eléctrico

SERVIZO GRATUÍTO DE ASESORAMIENTO PARA OS AFECTADOS POLOS CORTES DE SUBMINISTRO ELÉCTRICO

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), ofrece a partir de hoxe un novo servizo de asesoramento na redacción e presentación de reclamacións para os afectados polos cortes de subministración eléctrica.

O forte temporal dos últimos días ocasionou cortes de luz en arredor de 50.000 fogares da provincia da Coruña, debido á caída de árbores e ramas sobre o tendido eléctrico que romperon postes e cables.

A través deste novo servizo de asesoramento, FAEPAC pon a disposición dos cidadáns e concellos afectados un equipo de técnicos que informarán, de maneira totalmente gratuíta, sobre como presentar reclamacións e en que casos a compañía eléctrica deberá facerse caso de problemas e prexuízos indemnizables.

As persoas interesadas xa poden contactar coa FAEPAC a través do correo electrónico senluz@faepac.org

Compensacións pola calidade da subministrración e polos danos ocasionados

Os especialistas da FAEPAC asesorarán sobre os pasos a seguir para a presentación das reclamacións en calquera das tres vías posibles: ante a distribuidora/comercializadora para solución do problema por vía amistosa, a través das oficinas de Consumo ou por vía xudicial.

Á hora de presentar unha reclamación deste tipo, diferenciarase por un lado o reflectido na lei vixente en relación á calidade da subministración de electricidade e, por outra banda, o dereito que ten o consumidor a recibir compensacións polos danos e inconvenientes ocasionados.

Neste senso, pódense solicitar indemnizacións se o número de horas ou de interrupcións sobrepasa os límites de calidade establecidos na seguinte táboa :

Así mesmo, os consumidores tamén teñen dereito a recibir compensacións polos danos e inconvenientes que os fallos na subministración puideran ocasionar, coma a perda de alimentos almacenados en conxeladores e frigoríficos ou danos irreversibles en aparatos electrónicos, coma televisores ou ordenadores.

En caso de discrepancia entre o distribuidor e o consumidor, ou, no seu caso o comercializador, resolverá o órgano competente da administración autonómica onde se localice a subministración.