Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Éxito en Cedeira da primeira ruta de senderismo de Piñeiro

ÉXITO EN CEDEIRA DA PRIMEIRA RUTA DE SENDEIRISMO DE PIÑEIRO

Máis de trinta veciños sumáronse á primeira ruta de sendeirismo que organizou a Asociación de Veciños de Piñeiro, no termo municipal de Cedeira, para promover o coñecemento do territorio. O número de participantes foi cualificado onte como todo un éxito por parte dos organizadores, que xa preparan unha segunda convocatoria.

No curso deste primeiro percorrido, que tivo como epicentro Punta Robaleira entre Os Candales e Cal de Liñares, o presidente da entidade, Antonio Tas Rey foi o encargado de guiar ao grupo, detallando os pormenores da ruta, xa definida mediante frechas de madeira e marcas de pintura. A organización da iniciativa contou co apoio do Concello, Deputación, Club Montaña Ferrol e Cedeira Sport.

Fonte: Diario de Ferrol

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Éxito en Cedeira da primeira ruta de sendeirismo de Piñeiro