Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Xornada sobre Santo André de Teixido e os camiños de peregrinación

Este evento terminou

A xornada sobre Santo André de Teixido e os camiños de peregrinación é unha actividade organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol dentro do proxecto “Diagnóstico e paquete de medidas para a promoción do Camiño de Peregrinación de Santo André de Teixido” en convenio coa Xunta de Galicia.

A xornada celebrarase en sesión de mañá e de tarde hoxe 30 de novembro no Auditorio Municipal do Concello de Cedeira. A inauguración, polo Alcalde Pablo Moreda Gil, terá lugar ás 10 da mañá e a primeira intervención correrá a cargo dun dos maiores especialistas en Santo André, Rafael Usero, cronista oficial de Cedeira.

A actividade será gratuíta e estará aberta a todas persoas que desexen asistir. A inscrición deberá facerse a través dun formulario online (ligazón ao formulario de inscrición). Haberá tamén a posibilidade de reservar un menú especial de 15€ para os asistentes á xornada, no restaurante Vilavella de Cedeira. As reservas deberán facerse no teléfono. 981 48 07 64 (ata o luns 25 de novembro).

Máis información no correo xornadateixido@gmail.com ou no teléfono 981 074 963 (operativo entre 9 e 14h.).

PROGRAMA:

MAÑÁ

10:00- 10:30h. INAUGURACIÓN XORNADA. Pablo Moreda Gil. Alcalde de Cedeira.

10:30 – 11:00h. “OS CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.

NOVAS APORTACIÓNS”. Rafael Usero González. Cronista oficial de do concello de Cedeira.

11:00 – 11:30. “O PATRIMONIO XEOLÓXICO NOS CAMIÑOS DE SANTO ANDRÉ”.

Francisco Canosa Martínez. Investigador e doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo.

11:30 – 12:00h. PAUSA / CAFÉ

12:00 – 12:30h. “PASADO E PRESENTE DO CAMIÑO FRANCÉS DA COSTA DE SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO”. Xosé Carlos Breijo Rodríguez. Docente, historiador e Cronista oficial do Concello de Ortigueira.

12:30 – 13:00h. “O CAMIÑO DE SANTO ANDRÉ COMO RECURSO PATRIMONIAL E TURÍSTICO”. María Elvira Lezcano González. Doutora e Profesora da Escola Universitaria de Turismo da Coruña (CENP).

13:00 -14:00 MESA REDONDA. A recuperación dos camiños de Santo André de Teixido.

TARDE

16:30 – 17:00h. “PROBLEMÁTICAS ARREDOR DOS CENTROS DE PEREGRINACIÓN”. Bieito Pérez Outeiriño. Arqueólogo, museólogo, anterior director do Director do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

17:00 – 17:30h. “A EXPERIENCIA DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO COMO PRODUTOS CULTURAIS E TURÍSTICOS”. Xosé Manuel Santos Solla. Doutor en Xeografía, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e especialista na análise turística do Camiño de Santiago.

17:30 -18:00 PAUSA /CAFÉ

18:00 -18:30h. “CONCLUSIÓNS DA DIAGNOSE SOBRE OS CAMIÑOS A SANTO ANDRÉ

DE TEIXIDO”. César Abella. Director de Trivium ECT.

18:30 – 19:30h. MESA REDONDA. As posibilidades de futuro do camiño de peregrinación a Santo André.

19:30h. CLAUSURA DA XORNADA.