Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Xornada formativa sobre a sede electrónica

Este evento terminou

A sala de usos múltiples, situada no pavillón polideportivo municipal, acolle hoxe unha xornada formativa dirixida ao público en xeral, para que a veciñanza coñeza as posibilidades e vantaxes que ofrece a sede electrónica á hora de facer xestións e trámites administrativos vía telemática.

A formación dará comezo ás 10.30 horas. As persoas interesadas deben apuntarse na oficina de Turismo (avenida Castelao, número 18), no teléfono 981 482 187, ou ben facelo a través do correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal.